Preto de 900 escolares celebran o Entroido polas rúas de Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Desfile Escolar.

Continuando coa programación de Entroido, este venres celebrouse en Gondomar o tradicional Desfile Escolar, organizado pola Concellería de Educación que dirixe Iria Lamas, unha actividade que edición tras edición afianza o seu éxito entre os máis pequenos. Nesta ocasión participaron preto de 900 escolares dos centros educativos CEIP Chano Piñeiro, CEP Xosé Neira Vilas, IES Auga da Laxe e Escola Infantil A Galiña Azul, que encheron de cor o centro do municipio.

Todos eles, ataviados cos seus mellores disfraces, partiron ás 11:00 horas desde o Pavillón de Deportes para percorrer as principais rúas de Gondomar. Desfilaron por Campo da Feira, Elduayen, Eduardo Iglesias e Manuel Losada, para rodear a Alameda de San Bieito e volver de novo ao Pavillón.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios