Porto do Molle inaugura o seu novo restaurante-cafetería

Porto do Molle, onde xa hai máis de 125 empresas instaladas, inaugurou este xoves o restaurante-cafetería “Mollo”, que dará servizo ás máis de 2.000 persoas que a diario traballan neste parque empresarial de Nigrán e a todas aqueloutras que se acheguen á contorna para realizar as súas compras, xestións de negocios ou paseos polo sendeiro fluvial.

Instalada no Centro de Negocios, a empresa «Restauración y eventos Monteferro» realizou un atractivo proxecto de arquitectura interior con terrazas abertas cara ao río Muíños desde onde ofrecerá produtos de tempada cociñados ao estilo tradicional cun toque de innovación.

Ao acto asistiu o delegado da Zona Franca, David Regades, o alcalde de Nigrán, Juan González, e Juan Rodríguez, director-xerente da empresa «Restauración y Eventos Monteferro».