Sin categoría

Patos acolle o XVII Trofeo Xuvenil de Surf Concello de Nigrán-Prado Surf Club

A praia de Patos acolle esta fin de semana o XVII Trofeo Xuvenil de Surf Concello de Nigrán – Prado Surf Club, que abrirá a tempada do circuíto galego de surf con previsión de grandes ondas. O evento contará cos equipos júnior dos diferentes clubs de toda a xeografía galega recibindo surfeiros e familias de Ribadeo, Ferrol, A Coruña, Carballo, Noia, Ribeira, Pontevedra, Vigo e Nigrán entre outros. Estímase a participación de máis de cen surfeiros nos dous días de competición: sábado 2 e domingo 3 de marzo.

O evento, organizado por Prado Surf Club, o Concello de Nigrán e a Federación Galega de Surf, conta co apoio da tenda local de surf WAIRA, Alumisel, Solo Imprenta, Ya Te Comeré e ABANCA. Ao finalizar as categorías de cada día, os responsables políticos farán entrega dos trofeos a partir das 19:00 no podio instalado no club de surf. Os organizadores convidan a todos os veciños e visitantes a pasarse pola praia de Patos e gozar do altísimo nivel e beleza das ondas e deporte.