Triunfo do Cereixa na semifinal de copa

Triunfo claro do Cereixa Gondomar FS ante o Vigo 2015 na semifinal de copa, polo que os de Vincios estarán mañá na final ás 18:00 horas no Pavillón Novo de Tui. E é que era un partido a todo ou nada e os miñoranos que hoxe exercían de local, non deron opción e pasaron por encima dun débil conxunto vigués que “maquillou” o parcial de 3-0 a minuto e medio do final.

Edu Rodríguez Pérez marcaría o primeiro nunha contra e Luca estiraría a vantaxe a 2-0 pouco antes de terminar a primeira metade. Gran xogo despregado polo Cereixa Gondomar FS que controlou todos os rexistros para chegar ao descanso en vantaxe.

Na continuación, e a pesar de que o rival tentaba descontar, foi o Cereixa Gondomar FS o que marcou o terceiro cun potente disparo desde a esquerda por parte de Diego Rodríguez (3-0). Tan superior sentíase o conxunto miñorano, que nin a expulsión de Diego Rodríguez fixo tremer os cimentos do local que defendeu en inferioridade 2 minutos un 5 para 3 deixando a cero a súa portería.

De aí ao final, o Vigo 2015 logrou descontar para non irse sen carga nunha semifinal que nunca chegou a dominar (3-2).

Final e satisfacción dos de Vincios que mañá irán por outra machada: o rival; A Quinta de Tui que chega descansado xa que non disputou partido ante a ausencia Verín Sala que preferiu non disputar un encontro que podía enfrontarlle novamente aos de Gondomar.

Anuncios