Gondomar amplía o fondo da Biblioteca con 100 novos libros

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O Concello de Gondomar continúa co labor de mellora das instalacións e a dotación de medios para a Biblioteca Pública Municipal. Entendendo que a lectura é algo fundamental, por tanto, debe estar ao alcance de todos os veciños e veciñas, segue acometendo esforzos por mellorar este servizo, tanto no que fai referencia a un horario amplo de apertura, como na ampliación do seu fondo de libros.

Por este motivo, con medios propios, adquiriu 100 exemplares de distintas obras que abarcan todos os xéneros, e van desde os clásicos como o Quixote ou o Lazarillo de Tormes, pasando polos contos infantís, como o clásico conto de Alicia no País das Marabillas ou outros máis actuais, como os contos infantís de Mateo. Algunhas destas obras adquiridas, mesmo son de lectura obrigatoria nos colexios e institutos.