A Garda Civil reforza a seguridade viaria con motivo da “Festa da Arribada 2019” en Baiona

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, pon en marcha un operativo especial de vixilancia sobre o consumo de alcol e drogas con motivo da próxima “Festa da Arribada 2019” en Baiona.

Desde o vindeiro venres día 1 de marzo ata o luns, día 4, intensificaranse os controis en calquera tipo de estrada, e a calquera condutor co obxectivo de disuadilos de conducir cando consumisen alcol ou drogas, achegando seguridade aos demais usuarios da vía.

Os efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil comprobarán que os condutores cumpran a normativa en canto refírese ao cumprimento dos límites legais establecidos, creando a concienciación de que non soamente o alcol e a condución é un binomio perigoso, senón que tamén as drogas e a condución son en moitas ocasións sinónimo de morte.

A sanción por conducir con drogas ou alcol no organismo é de 1000 euros e 6 puntos menos no carné e podería chegar a ser delito dependendo da sintomatoloxía ou se se ve involucrado nun accidente.

É importante resaltar a responsabilidade do condutor, á vez que debemos aumentar o noso compromiso coa seguridade de todos, que se manifesta cando se pon ao volante sen inxerir estas substancias, no entendemento de que a prevención de accidentes non está rifada coa diversión destas datas.

Dentro do mesma orde de actuacións reitérase, unha vez máis, a necesidade solidaria de que comuniquen a través dos teléfonos 112 ou do 062 calquera comportamento anómalo sobre a seguridade viaria, do que teñamos coñecemento, alertando ás patrullas en evitación de que se produza un desgraciado accidente.