A Camoesa celebra o Entroido este venres

A Asociación A Camoesa celebra este venres 1 de marzo o Entroido no Centro Cultural de Camos. Desde as 17:00 ata as 19:00 horas haberá concurso de disfraces individual, concurso de orellas e concurso de filloas, ademais da animación de Voltereta e Volvoreta. As inscricións poderán realizarse ata as 18:00 horas.