A Bonoloto deixa un premio de case 55.000 € en Nigrán

O sorteo de Bonoloto celebrado este mércores deixou un premio de case 55.000 euros en Nigrán. A combinación gañadora foi 44-9-19-23-45-33, complementario 36, reintegro 5. O afortunado, con cinco acertos e o complementario, levará 54.855,32 euros. O boleto premiado foi validado no Despacho Receptor Nº 86.125, o Café Bar París, situado na rúa Rosalía de Castro, 2.

De Primeira Categoría (6 acertos) non houbo boletos acertantes. De Segunda Categoría (5 acertos + Complementario) existen tres boletos acertantes, o de Nigrán e outros dous validados en Granada e Santesteban.

Non é a primeira vez que este punto de venda situado xunto ao Concello de Nigrán reparte sorte. Xa o fixo en xaneiro de 2017 cun primeiro premio de Bonoloto, en 2014 cun premio de 6 acertos do Quinigol, un premio de 14 acertantes da Quiniela e un segundo premio de Aposta Hípica Quíntupla Plus, e en 2009 cun primeiro premio de Lotería Primitiva.