IV Exposición de Traxes Medievais no Liceo Marítimo de Baiona

FOTO: LICEO MARÍTIMO DE BAIONA

O Liceo Marítimo de Baiona, como cada ano, quere facer a súa achega á Festa da Arribada, organizando no seu salón a Exposición de Traxes Medievais e Cartelería das Arribadas anteriores. Aínda que xa se atopa aberta ao público, a inauguración oficial será o vindeiro xoves día 28, ás 18:00 horas. Animan ao público a que acuda á mesma ataviado co seu traxe medieval. Nesta Exposición participan as deseñadoras de Baiona Teresa Rodríguez Penedo, Malúa e Deseños Mariluz que amablemente cederon os seus traxes para a mostra e o Concello de Baiona que cede a cartelería. Da decoración da mesma encargouse Francisco González.

Anuncios