Un ouro e dous bronces para a Sociedade Atlética Val Miñor no autonómico de pista cuberta

Manuela González, Gabriela Bouzada e Irene Carrera no podio.

Este domingo celebrouse na pista cuberta de Ourense a gran festa do atletismo basee coa disputa do Campionato Galego para as categorías Sub 10, Sub 12 e Sub 14, que xuntaría na instalación a preto de 700 nenos e nenas participantes.

A Sociedade Atlética Val Miñor conseguiu tres medallas. Manuela González González fíxose co ouro en Altura Feminina Sub 14, cunha marca de 1.45. Irene Carrera Álvarez foi terceira en 500 metros, cun tempo de 1:29:35. Gabriela Bouzada Senra participou na proba de 50 metros lisos pola mañá, 16 atletas divididas en 2 series, para poder conseguir praza para a final que se disputou ao mediodía.

Chegaba cunha marca de 8.58, rebaixándoa a 8.26 na serie. Na final concluíu no terceiro posto, levándose a medalla de bronce cun tempo de 8.25, sendo o seu primeiro ano de competición oficial. Pola tarde, na proba de 500 metros, onde levaba a mellor marca, por unha mala saída e os nervios tocoulle remontar ata lograr o quinto posto.

Da Sociedade Atlética Val Miñor tamén participaron no autonómico Bruno Patrone Freiría, Patricia Troncoso Campos, Nayr Cortegoso Figueroa, Sergio Gil González, Bisrat Mein Carballal, Isis Acea Portabales, Nerea Barros Vidal, Nuria Costas Misa, David Pousa Pereira e María Amador Fafian.

Anuncios