A “Fantasía Circense” de Talismán gaña o concurso de comparsas de Baiona

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // "Fantasía Circense" de Talismán.

Baiona celebrou este domingo unha dobre xornada co Desfile de Comparsas e o Enterro da Sardiña. As 23 comparsas participantes chegadas de Baiona, Nigrán, Gondomar, Vigo, Tomiño, Marín, Soutomaior, Salceda de Caselas, Redondela e Pontevedra, que sumaban máis de 1.500 compoñentes, comezaron o desfile ás 17:00 horas desde Sabarís, percorrendo a Avenida Monterreal, Alférez Barreiro e Elduayen ata chegar á Avda. de Ramón e Cajal.

Seguidamente, iniciouse o Enterro da Sardiña, partindo desde o Paseo Ribeira para facer un percorrido polas rúas Ventura Misa e Elduayen ata a Praia Ribeira, onde tivo lugar o enterro. Todo iso acompañado pola música da Charanga Nova Cubana.

Antes da queima da sardiña, e tras a deliberación do xurado, integrado por persoas do mundo da cultura, o deporte, a música, as letras, etc., que valorou entre outros aspectos o vestiario, máscaras, maquillaxes, etc, adecuados á temática, a orixinalidade, enxeño, caracterización, instrumentalización, etc., a actitude no desfile acorde co motivo na exhibición, a calidade e creatividade na exhibición e o número de compoñentes da comparsa, procedeuse á entrega de premios ás gañadoras.

O primeiro premio, de 900 euros, foi para a Asociación Cultural Talismán de San Esteban de Budiño, con “Fantasía Circense”. O segundo, de 650 euros, recaeu na comparsa “Endulzando o Carnaval” da Asociación Os da Casa de Vigo. E os 500 euros do terceiro premio foron para a Asociación Socio Deportiva Cultural Os da Caña de Marín con “Menuda Coña”.

As demais comparsas participantes, “Mississippi” de A Tropa do Cruceiro, “Con Pinocho” de O Millor de Cada Casa, “Musical El Rey León” de Comparsa Luces, “Fantasía do Deserto” de Comparsa Furafollas, “El Rey León” da Asociación Deportiva Cultural Paradela, “Gnomeo y Julieta” da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios, “Parada Espanta” do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, “Recuérdame México” do Centro Cultural e Social de Baíña, “Etnia Salvaxe” da Asociación Cultural Miúdos, “Navia, Invasión Gatuna” da Asociación Veciñal Novo Vigo, “Cultura Oriental” da Asociación Cultural Borralliño, “Asibiraashi: La Leyenda de los Atrapasueños” da Asociación Comparsa Terra de Condes, “Hadas y Duendes” de Chegaron os que Faltaban, “Cascanueces y los Cuatro Reinos” da Asociación Cultural Moreira a Tope, “Un Desorden en la Biblioteca” da Asociación Cultural As Marchosas, “Imperio Mexica” da Asociación Cultural Cor Café. “Había una Vez…” do Centro Cultural A Merced de Chaín, “Beade de Meigas e Maxia Celta” do Centro Cultural de Beade, “Bulerías” da Asociación de Veciños A Unión de San Pedro e “LDanzia Paradise” da Asociación LDanzia de Gondomar, recibiron unha cantidade que varía dependendo do número de compoñentes: de 81 a 100 compoñentes (500 euros), de 61 a 80 (400), de 41 a 60 (300), de 21 a 40 (200) e de 12 a 20 compoñentes (100).

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios