Sin categoría

Mª Carmen Paredes abandona o goberno e a corporación de Baiona

Mª Carmen Paredes, ata agora concelleira de Benestar Social, Igualdade, Comercio e Mercados no Concello de Baiona, abandona o goberno municipal e renuncia á súa acta na corporación. “O meu desempeño como responsable política acaba aquí”, afirma nun comunicado.

“Detrás dunha concelleira implicada e totalmente convencida do seu traballo -continúa-, segue estando unha profesional que un día decidiu dedicar a súa vida para traballar con persoas en situación de dificultade. Detrás da concelleira, ou mesmo por encima dela, sempre estará Mari Paredes, unha persoa dedicada por vocación a traballar con, por e para as persoas. A miña máxima é somos o que somos enfronte de quen estou”.

“Dicir tamén que o meu traballo non puidese saír á luz sen o apoio das grandes profesionais e compañeiras coas que tiven a sorte de poder traballar para o meu pobo. Orgullosa, moi humildemente orgullosa do meu traballado grazas a vós”, conclúe.