Charla sobre os timos da luz en Baiona

O xoves 21 de febreiro, ás 19:30 horas, Manifesto Miñor e En Marea organizan unha charla sobre o timo da luz na Sala C do Centro Ángel Bedriñana (Praza de Abastos de Baiona). Contarán coa participación do deputado de En Marea no Parlamento de Galicia, Pancho Casal, e o compañeiro de Manifesto Miñor Baiona, Antonio Espinar.

Dende Manifesto Miñor convidan a toda a veciñanza do Val Miñor a participar nesta xornada, na que se presentará a proposta de En Marea contra a pobreza enerxética como alternativa que inclúe as medidas máis integrais, actualizadas, necesarias e xustas que houbo ata agora no noso país. Tamén servirá para explicar con detalle os excesos dos tipos de tarifas e contratos enerxéticos cos que contamos a día de hoxe, as baldías medidas da Xunta de Galicia a través do seu Bono Social e a posibilidade de obter unha mellora no aforro no consumo.

As persoas poderán manifestar todas as súas dúbidas e mesmo achegar unha factura da luz da súa compañía eléctrica para analizar as posibilidades de aforro.