Anuncios
Ticker de novas

Presentación do libro “Percorridos polo Patrimonio Cultural da Vila e Concello de Gondomar de Miñor”

O sábado 23 de febreiro ás 19:30 horas presentarase no Auditorio Lois Tobío o libro “Percorridos polo Patrimonio Cultural da Vila e Concello de Gondomar de Miñor”, autoría de Antonio Soliño Troncoso e Juan Chamorro Sanromán, membros do Instituto de Estudos Miñoráns. A publicación, promovida polo Concello de Gondomar, con texto en galego e castelán, consta de 496 páxinas a cor que inclúen 61 mapas/planos de todo o municipio e 213 fotografías dos distintos tipos de patrimonio tratado. No acto, ao que asistirán o alcalde, Paco Ferreira, e o Director do IEM, Xulián Maure, haberá exemplares a disposición dos asistentes.

Anuncios