Anuncios
Ticker de novas

Dúas vitorias e dúas derrotas para o Laroca na cuarta xornada de liga

FOTO: LAROCA // Lucena B-Laroca Mallón-IES Auga da Laxe.

Na primeira división o Laroca A conseguiu un pleno de vitorias no seu desprazamento a Ourense o gañar por 0-4 ao equipo Club Deportivo Xadrez Ourense B, puntos conseguidos por Mireya, Artai, Tino e Sergio.

Na segunda división derrota de ambos equipos, o Laroca B saíu derrotado no seu desprazamento a Salceda de Caselas para enfrontarse ao Xadrez Altamira por 2,5-1,5, puntos conseguidos grazas á vitoria de Dani Vaz e as táboas de Patricio, namentres que o outro representante perdeu por 0-4 no seu enfrontamento co líder do grupo, o Mos A.

Na terceira división o Laroca Mallón-IES Auga da Laxe impúxose no seu desprazamento a Vigo para enfrontarse ao Lucena B por 1-3, puntos conseguidos por Mauro, Guillermo e Osian.

Anuncios