Anuncios
Ticker de novas

A Garda Civil impartirá esta semana tres charlas informativas no CPI de Panxón

A Garda Civil de Pontevedra continúa esta semana percorrendo os centros educativos da provincia coas charlas informativas do Plan Director sobre violencia de xénero, acoso escolar, drogas e alcol, novas tecnoloxías, bandas xuvenís e prevención de incendios forestais.

Dous efectivos do Cuartel Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán impartirán nos próximos días tres charlas no CPI Arquitecto Palacios de Panxón. Así, o luns 18 ás 16:00 horas e o mércores 20 ás 9:50 horas falarán cos alumnos e alumnas sobre o acoso escolar e o ciberbullyng; e o martes 19 ás 9:00 de mañá ofrecerán unha charla sobre as drogas e o alcol dirixida a pais e nais.

Anuncios