8 ouros, 7 pratas e 2 bronces para o Club de Loita Sabarís no Campionato Galego júnior e escolar

O Club de Loita Sabarís conseguiu este sábado un total de 17 medallas no Campionato Galego de Loitas Olímpicas nas categorías júnior e escolar, celebrado no Pavillón do CGTD de Pontevedra coa participación de 16 clubs galegos representando as catro provincias e preto dun centenar de deportistas buscando o pase ao Campionato de España.

Do club baionés desprazáronse nove loitadores, que se fixeron con oito medallas de ouro, sete de prata e dúas de bronce. Na categoría escolar, Anxo Lomba en 34 kg e Breixo Martínez en 57 kg conseguiron a medalla de prata tanto en Libre Olímpica como en Loita Grecorromana; en 62 kg, Beltrán Freire levou o ouro en Libre Olímpica e a prata en Loita Grecorromana e Lois Cabreira a prata en Libre Olímpica e o ouro en Loita Grecorromana; Jesús Falcao conseguiu a medalla de prata en Libre Olímpica e o bronce en Loita Grecorromana en 85 kg.

Na categoría júnior, David González en 55 kg, Anxo Uzal en 60 kg e Cristian Suárez en 66 kg, levaron a medalla de ouro tanto en Libre Olímpica como en Loita Grecorromana. Diego Otero conseguiu o bronce en Libre Olímpica e tívose que retirar por lesión en Loita Grecorromana en 70 kg.

Por equipos, o Club de Loita Sabarís finalizou no primeiro posto en Loita Libre Olímpica e no segundo en Loita Grecorromana na categoría júnior, e no segundo posto na categoría escolar.

2019-02-17 - Sin título-3B

Anuncios