Sin categoría

O Laroca afronta este sábado a cuarta xornada da liga galega de xadrez

Este sábado a partires das 17:00 horas celébrase a cuarta xornada da liga galega de xadrez. Na primeira división o Laroca A, despois da derrota sufrida na pasada xornada, desprázase a Ourense para enfrontarse ao Club Deportivo Xadrez Ourense B, terceiro clasificado con 8,5 puntos polos 7,5 dos miñoranos, que ocupan a cuarta posición.

Na segunda división o equipo do Laroca B, situado no cuarto posto da clasificación con 7 puntos, desprázase a terras do Condado para enfrontarse en Salceda ao Xadrez Altamira, que ocupa a oitava posición con 5 puntos; o outro representante en segunda división, o Laroca C, disputará o seu encontro na sede de Cotros. Enfrontarase ao Xadrez Mos A, líder do grupo con 10 puntos, mentres os miñoranos ocupan a sétima posición con 5,5 puntos.

Na terceira división o equipo do Laroca Mallón-IES Auga da Laxe, que con 7,5 puntos ocupa a cuarta posición, desprazaranse a Vigo para enfrontarse ao Lucena B, que con catro puntos ocupan a sétima posición.