O Centro Municipal de Información á Muller do Concello de Baiona abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro “Confianza e seguridade das mulleres na rede” do Programa Atenea, iniciativa do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que desenvolve en colaboración co Concello de Baiona, e que ten como finalidade promover a participación das mulleres na sociedade da información, incrementando a súa confianza e seguridade no uso das Novas Tecnoloxías da información e comunicación. Dirixido a mulleres con coñecementos de informática a nivel de usuaria, terá lugar o 13 de marzo en horario de tarde. Aquelas mulleres interesadas deben inscribirse no CIM de Baiona. Para máis información chamar ao teléfono 986 35 75 54.
O CIM de Baiona organiza o obradoiro “Confianza e seguridade das mulleres na rede”

