Últimos días para inscribirse no Certame de Coplas de Entroido de Gondomar

O vindeiro día 24 de febreiro, Domingo Corredoiro, celebrarase o III Certame de Coplas do Entroido organizado pola Asociación Cultural Centáurea, coa colaboración do Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra.

Este certame de coplas está aberto á participación de toda a veciñanza; as solicitudes de inscrición han ser presentadas antes do 20 de febreiro e as bases e as instrucións para acceder ao certame están publicadas no Facebook da A. C.Centáurea.

Anuncios