“El Corralito”, “Estelas” e “Mi Casa”, gañadores do concurso “Decorando Baiona no Nadal”

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // “El Corralito”, premio á fachada mellor decorada.

O salón de plenos do Concello de Baiona foi hoxe o escenario da deliberación do concurso “Decorando Baiona no Nadal”, promovido pola Concellería de Comercio. Ao mesmo asistiron como membros do xurado un representante de ACEBA, COEMSA, unha persoa vinculada ao teatro e á escenografía e dúas técnicas do Concello.

Un total de 7 establecementos participaron neste concurso do Nadal, no cal se valorou o escaparate mellor engalanado, a mellor decoración interior e a orixinalidade e innovación. Os premios recaeron en “El Corralito” (250 euros á fachada mellor decorada), Estelas, S.L. (250 euros á mellor decoración interior) e Mi Casa (250 euros concedidos ao premio na categoría de orixinalidade e innovación).

Tal e como subliñou a Concelleira de Comercio, á parte de felicitar polo excelente traballo e pola disposición para relanzar este concurso, “o noso obxectivo principal era impulsar o pequeno e mediano comercio do municipio durante estas festas de Nadal, fomentando as compras e animación que atraian ao público para visitar o comercio do municipio nesta época”.

“EL CORRALITO”, “ESTELAS” E “MI CASA”, GAÑADORES DO CONCURSO “DECORANDO BAIONA NO NADAL”
FOTO: CONCELLO DE BAIONA // «Estelas, S.L.», premio á mellor decoración interior.
“EL CORRALITO”, “ESTELAS” E “MI CASA”, GAÑADORES DO CONCURSO “DECORANDO BAIONA NO NADAL”
FOTO: CONCELLO DE BAIONA // «Mi Casa», premio na categoría de orixinalidade e innovación.
Anuncios