O gondomareño Rubén Rodríguez roza o podio no Campionato de España de Tiro con Arco

FOTO: RFETA // David Solano e Rubén Rodríguez (dereita) na final pola medalla de bronce.

O arqueiro gondomareño Rubén Rodríguez Alleres clasificouse en cuarta posición no Campionato de España de Tiro con Arco Sala Cadete, celebrado os días 9 e 10 de febreiro en Benalmádena, Málaga. David Solano, da Federación Andaluza, impúxose a Rubén na final pola medalla de bronce da categoría de arco composto, con tan só 2 puntos de diferenza (142-140).

Anuncios