Anuncios
Ticker de novas

Nigrán retoma o seu programa integral para maiores de prevención do deterioro cognitivo

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Cursos para maiores.

O Concello de Nigrán retoma o programa integral para a prevención do deterioro cognitivo dirixido a maiores de 60 anos e pensionistas empadroados no municipio. Este desenvolverase no Centro da Terceira Idade de A Ramallosa a partir de marzo, ofrecéndose obradoiros de memoria (de “Iniciación” os martes de 17:30 a 19:00 horas e de “Mantemento” os xoves de 16:30 a 19:30) e de expresión corporal e actividades socio-relacionais martes e xoves de 10:00 a 11:00; finalmente, informática martes e xoves en horario matinal. Os interesados en participar nestes obradoiros poden inscribirse dende o luns 18 de febreiro ao 25 de febreiro no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán pedindo cita previa (986 365 000), terán prioridade as persoas que non participaron en anos anteriores.

Facer exercicio, manter a mente activa e non illarse socialmente son os tres eixos que os especialistas recomendan levar adiante para previr deterioracións cognitivas e neles se basea este programa que ofrece o Concello de Nigrán.

O carácter fundamental do programa é preventivo, a súa finalidade é a de garantir unha maior calidade de vida dos nosos maiores tratando de evitar ou atrasar a aparición de problemas de memoria, do deterioro cognitivo, do Alzheimer e doutros problemas de saúde e de incapacidades; pero tamén de mellorar aqueles que se poidan ter na actualidade e de acadar un maior grado de autonomía e independencia. “Apostamos por políticas que garantan a calidade de vida dos maiores, como este tipo de cursos, turismo social, bailes para eles e mesmo o centro especializado en demencias neurodexenerativas”, indica o alcalde de Nigrán, Juan González.

Anuncios