Anuncios
Ticker de novas

Un home faleceu cando realizaba unha poda na súa finca de Nigrán

Un home perdeu a vida cando cortaba as pólas dunha árbore en Nigrán. Ocorreu ás once desta mañá no lugar das Antonesas, onde a vítima estaba a realizar traballos agrícolas nunha finca da súa propiedade.

Foi un veciño quen alertou mediante unha chamada ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente, xa que o home recibira unha forte golpe na cabeza cunha póla. Así, os xestores do 112 Galicia, avisaron aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que trataron de reanimar ao doente sen éxito.

Ademais, o equipo médico contou co apoio dos membros do GES de Val Miñor e dos membros da Garda Civil para tratar de aclarar as circunstancias do suceso.

Anuncios
error: Contido protexido