Anuncios
Ticker de novas

Tres laroqueiros seleccionados pola Federación para preparar os Campionatos de España

Os laroqueiros Mireya Represa, Ana Fernández e Artai Bringas acaban de ser seleccionados pola Federación Galega de Xadrez para as concentracións que se celebrarán na localidade de Padrón co obxectivo de preparar os Campionatos de España de Idades 2019.

Terceira xornada da liga galega de xadrez

Por outra banda, este sábado a partires das 17:00 horas celebrase a terceira xornada da liga galega de xadrez. Na primeira división o Laroca A, despois da vitoria en terras ourensáns na anterior xornada, defenderá na sede de Cotros a segunda posición da clasificación ante o equipo do xadrez Bueu A.

Na segunda división o equipo do Laroca B, situado no sexto posto da clasificación, enfrontarase ao equipo vigués de Mosefesa & The Wailers, que ocupa a cuarta posición separados por un punto, namentres que o Laroca C, que ocupa a terceira posición, desprazarase á Guarda para enfrontarse ao xadrez Albatros A, que ocupa a segunda posición, tamén separados por un punto.

Na terceira división o equipo do Laroca Mallón-IES Auga da Laxe, que ocupa a quinta posición na táboa clasificatoria, enfrontarase na sede de Cotros aos vigueses do Villa de Bouzas B, que están situados na cuarta posición e separados tamén por un só punto.

Anuncios
error: Contido protexido