A compañía de teatro “A Xesta Vermella” do Centro Cultural de Borreiros representa este domingo 10 de febreiro ás 18:00 horas a súa montaxe “Pola culpa do Gayoso” no Centro Cultural e Social de Baíña. Trátase dunha obra cómica e amena, onde a unha familia se lle presenta unha inesperada sorpresa e é a partir de aí onde o espectador irá descubrindo e desfrutando das peripecias do resto das personaxes. Obra paticipativa na que colaboraron na súa redacción todos os membros do grupo.
Tarde de teatro en Baíña con «Pola culpa do Gayoso» de A Xesta Vermella

