Os mozos de Baiona sorprenden a empresarios e funcionarios co seu nivel de inglés

Un grupo de alumnos e alumnas de distintas idades e niveis do centro Royal Celtic Bay de Baiona presentáronse este martes ao grupo de empresarios e funcionarios que participan no curso de inglés básico “Can I Help You”, dirixido por Loreto Valenzuela en colaboración con ACEBA e o Concello de Baiona, para demostrar que nesta Real Vila hai un gran nivel de inglés. O grupo quedou máis que sorprendido ao escoitar como estes mozos desenvólvense en distintas situacións como auténticos ingleses sendo todos baioneses. Os alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 12 e 18 anos enfrontáronse con moita mestría ás preguntas dos alí presentes tratando todo tipo de temas como arte, actualidade e música entre outros.