Nigrán Decide celebra unha asemblea aberta sobre as próximas eleccións municipais

Nigrán Decide celebrará este venres, día 8, ás 20:00 horas, unha asemblea aberta a todas as persoas simpatizantes e colaboradoras da candidatura no local da AAVV A Unión de A Ramallosa.

Nigrán Decide é o resultado da confluencia de persoas de distintas sensibilidades políticas que, cun total ánimo de acordo, queren aproveitar todo aquilo que lles une, en base a uns principios programáticos nos que a prioridade son os intereses da maioría social de Nigrán.

A asemblea ten como único punto da orde de día as eleccións municipais que se van celebrar en maio deste ano, e tratarase sobre a forma de elaboración e elección da candidatura de Nigrán Decide, así como do programa electoral co que se presentará a estas eleccións.