Convocan aos veciños de Vilariño para crear unha asociación cultural

Este próximo domingo 10 de febreiro convócase unha reunión no Convento de Vilariño ás 10:30 da mañá co obxectivo de tratar a necesidade de crear unha asociación cultural. Tamén se falará da finalidade da asociación, do posible nome da mesma, a creación da xunta directiva, solicitude de cesión dun local no convento para a realización de actividades e a aprobación dos estatutos. Ao finalizar os asistentes terán a posibilidade de transmitir os seus rogos e preguntas.