Tres vitorias e un empate para o Laroca na segunda xornada da liga galega de xadrez

A segunda xornada da liga galega de xadrez deparou tres vitorias e un empate para o club de xadrez Laroca.

Na primeira división o Laroca A impúxose na súa visita a Ourense por 1-3 ao club deportivo xadrez Ourense C, grazas ás vitorias de Mireya Represa, Artai Bringas e Francisco Rego.

Na segunda división pleno de vitorias para os miñoranos, o Laroca B impúxose no seu desprazamento a Vigo ao equipo do Lucena-XG por 1,2-2,5 puntos conseguidos polas vitorias de Rafa Simoes e Daniel Baz e as táboas de Patricio Salgado, o outro representante o Laroca C impúxose na sede de Cotros ao equipo arousán do CXF-Zona Aberta tamén por 2,5-1,5 vitorias de Tomás Bernárdez e Jorge Carneiro e táboas de Antonio Díaz.

Na terceira división o Laroca Mallón-IES Auga da Laxe volveu conseguir un empate, esta vez ante os vigueses do Lucena A, puntos conseguidos por Ana Fernández e Mauro Sanromán.

Anuncios