O Vigo-Rías Baixas presentouse con novo nome e a mesma ambición

O sétimo proxecto do Vigo-Rías Baixas subiu o pano este sábado no Parador de Baiona. Ante un abarrotado salón de actos, a entidade que preside José Luis Chamorro presentou ao seu renovado persoal para a tempada 2019. Quince corredores incorporáronse a esta conxunto Elite e Sub23 que baixo a súa nova denominación marcouse como primeiro obxectivo do curso brillar na Copa de España.

Os dirixentes desta formación decidiron ao termo da pasada campaña instalar a sede do equipo en Vigo e engadir ao seu nome o da cidade olívica. Unha mudanza para seguir crecendo e facer realidade o seu soño de competir no pelotón profesional.

Chamorro reiterou no seu discurso esa ambición de “dar o salto ao máximo nivel” e a súa aspiración para este curso de “gañar a Copa de España”. O certame máis prestixioso do campo amateur español poñerase en marcha a finais deste mes de febreiro e os ciclistas do Vigo-Rías Baixas estiveron preparándoo a conciencia durante a concentración realizada esta semana en Pontevedra.

Festa do ciclismo

Despois de seis días de adestramentos os corredores subiron ao escenario do Parador de Baiona no punto culminante desta gala. Samuel Blanco, Carlos Cobos, Víctor Hernández, Lois Rodríguez, Sergio Álvarez, Antonio Barbero, Jorge González, Gabriel Ochando, David Domínguez, Óscar Justo, Jaime Guzmán, Zé Pedro Soares, Miguel González, Rafael Pereira, Alejandro de Rozas, Alejandro Martínez Bayán, Santiago Martínez e Adrián Valverde integran un persoal ao que aínda se deben unir varios ciclistas estranxeiros. Gorka Beloki exerce de novo mánager deportivo, Iván Rodríguez continúa como director deportivo e Modesto Pérez completa o staff técnico.

Máis de 500 asistentes non se perderon este evento que se converteu nunha cita ineludible para os amantes do ciclismo. Conducido por Gerardo Chamorro, xerente do Vigo-Rías Baixas, e Terio Carreira, presentador da TVG, lembráronse os mellores momentos da última tempada, sorteáronse agasallos e houbo actuacións musicais.

O acto contou coa presenza de Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia; Jesús Vázquez Almuiña, Conselleiro de Sanidade; José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte; Chelo Besada, responsable de Deportes da Deputación de Pontevedra, diversas autoridades dos concellos do sur da provincia de Pontevedra e unha ampla representación das empresas que colaboran con este proxecto.

Anuncios