Sin categoría

Maxín Teatro representa “Mort” no Centro Cultural de Baíña

“Maxín Teatro” (grupo infantil da Aula de Teatro de Baiona) representa este domingo 3 de febreiro ás 18:00 horas no Centro Cultural de Baíña a obra “Mort”, baseada na novela de Terry Pratchett. Con dramaturxia e dirección de Mónica Sueiro.

As actrices son: Marina Cabral, Daniela Fernández, Ángela González, Ángela Loureiral, Ángela Martínez, Jara Otero e Adriana Rodríguez. Coa pequena colaboración dun dos pais das nenas, Ramón Rodríguez.

A obra ten unha duración de 45 minutos e a entrada é de balde. As nenas que están entre os oito aos 14 anos, levan desde o mes de setembro traballando todos os martes no obradoiro de teatro perante o xogo dramático técnicas que lles serven para dar vida aos personaxes pero tamén para a súa vida cotiá.