A Moura de Chaín presenta a obra “A Revirada” no Centro Cultural de Baíña

Este sábado día 2 de febreiro o grupo de teatro A Moura de Chaín presentará a montaxe “A Revirada” no Centro Cultural de Baíña ás 19:00 horas. No xulgado vai celebrarse o xuízo contra “A Revirada”, unha muller con moito carácter que atacou ó mozo da súa filla por deixala quedar. As declaracións das testemuñas, denunciante e denunciada, dan conta de como entenden a mesma situación as diferentes personaxes desta historia.

Anuncios