In Memoriam Modesto Valverde Soto

O pasado domingo día 27 de xaneiro falecía aos 87 anos en Panxón D. Modesto Valverde Soto, home de ben, honrado e excelente persoa, traballadora e entrañable amigo, disposto sempre a axudar aos máis desfavorecidos, primeiro desde o seu cargo de máxima autoridade como alcalde de Nigrán, e máis tarde, desde o club de Leóns do Val Miñor, -e sempre desde a discreción e o anonimato-, polo que produciu unha profunda dor, non só entre os seus familiares, senón tamén entre amigos, e unha gran parte de veciños que lle apreciamos e respectado, hoxe choramos en silencio a súa ausencia.

Foi alcalde en tempos moi difíciles, chegou á alcaldía alá polo ano 1976, cando aínda en España estabamos nun réxime non democrático -e que tampouco nunca se avergoñou- polos seus primeiros inicios en política, como tantos outros, cargo que revalidou nas primeiras eleccións democráticas do ano 1979, formando parte da partido UCD ata a súa desaparición, pasando por un partido independente que creo e tamén polo CDS ata o ano 1987 que deixou a alcaldía pero continuando como concelleiro na oposición.

Se alguén é acredor dunha merecida homenaxe, este é sen dúbida Modesto Valverde, que sempre refuxiu de protagonismos, e unha vez retirado da vida política, soubo levar unha vida privada dentro da máxima discreción, e sempre disposto a axudar e colaborar de forma desinteresada con todos aqueles que acudían ao seu encontro, facendo gala do seu bo talante e exquisita discreción.

Como alcalde puxo os cimentos e estrutura do municipio que hoxe somos e gozamos. Moitos sentimos orgullosos do seu legado. A el débense as grandes infraestruturas do municipio e que hoxe nos parece normal, pero fai case corenta anos foi todo un fito, máxime cando os concellos estaban nunha penuria económica.

E que Nigrán hoxe dispoña dunha rede municipal de auga potable, pois foi capaz de conseguir que o Estado financiase integramente a conexión en alta do abastecemento desde o encoro de Zamanes ata os depósitos en Condomínguez e a súa construción, que logo se complementaría con redes de distribución no municipio.

Tamén en infraestruturas educativas deixou a súa pegada, así na súa etapa construíuse o Instituto de Nigrán en Paradellas -o primeiro no Val Miñor-, os centros escolares de Vilariño, Mallón e Camos-Baleazas, e a posta en funcionamento das escolas Proval.

En infraestruturas deportivas, é patente non só a construción do Pavillón Polideportivo de Panxón, e sen apenas axudas da Deputación, que mesmo tivo que endebedarse o concello con case 30 millóns de pesetas na súa construción. Tamén foi o artífice dos campos de fútbol que hoxe temos: Condomínguez (Priegue) e Vilariño (San Pedro), que mesmo se compraron os terreos a particulares; así como a ampliación do Concello e a creación da primeira biblioteca municipal etc.

E por suposto, planificou o futuro desenvolvemento urbanístico do municipio coa aprobación dunhas NNSS que actualmente persisten, chegando mesmo a custarlle a alcaldía no ano 87, porque antepuxo os intereses xerais dos veciños de Nigrán aos seus políticos, a escasos meses dunhas eleccións municipais, e que trinta e dous anos despois aínda Nigrán non conte cun Plan Xeral de Urbanismo, é para facérnolo mirar.

Os que fomos amigos e colaboradores terémoslle no recordo. DEP.

NIGRÁN, 29 de xaneiro 2019
Antonio Fernández Comesaña.-
Concelleiro Unión Centrista de Nigrán (UCN).