Gabriela Bouzada consegue a mellor marca en 500 metros ao aire libre

A baionesa Gabriela Bouzada participou o sábado na Pobra do Caramiñal nunha proba de marcas en pista ao aire libre organizada pola Federación Galega de Atletismo. Do mesmo xeito que ela participaron numerosos deportistas da Sociedade Atlética Val Miñor, tendo representación en practicamente todas as probas. Gabriela participou en 500 metros lisos categoría sub 10 feminina, onde conseguiu a súa mellor marca persoal e a mellor marca de pista ao aire libre, e de momento, a mellor marca do ano, liderando o ranking cun tempo de 1:41:35. Con este resultado, poderá competir no Campionato Galego.

Anuncios