Nigrán declara tres días de loito polo falecemento do ex alcalde Modesto Valverde Soto

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Bandeiras a media hasta.

Modesto Valverde Soto, alcalde de Nigrán durante dúas lexislaturas entre os anos 1979 e 1987, faleceu este domingo aos 87 anos de idade. O Concello de Nigrán, que declarou tres días de loito oficial, lamenta a súa perda e transmite as súas condolencias a familiares e amigos. Os seus restos mortais sairán este luns, día 28 de xaneiro, ás 16:45 horas desde o Tanatorio do Miñor en Sabarís (Sala nº 4) dirección ao Templo Votivo do Mar de Panxón, onde se oficiarán ás 17:00 horas os funerais de corpo presente. A continuación terá lugar o enterro no cemiterio parroquial.

Anuncios