A ANPA Humberto Juanes pon en marcha unha escola de familias

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // CEIP Humberto Juanes.

A ANPA Humberto Juanes de Nigrán pon en marcha unha escola de familias gratuíta cunha duración de 6 semanas, nas que se tratarán diferentes temas sobre a educación na contorna familiar. As clases serán impartidas por Óscar Carreño, psicólogo da Mancomunidade do Val Miñor, os xoves (7, 14, 21 e 28 de febreiro, 7 e 14 de marzo) en horario de 9:30 a 11:00 horas, no CEIP Humberto Juanes. As prazas pódense reservar de maneira presencial os xoves de 9:30 a 11:00, no teléfono 886 11 03 76 (só xoves de 9:30 a 11:00), a través do correo electrónico anpahumbertojuanes@gmail.com ou do Facebook da ANPA.