Sin categoría

Roberto Pérez Marijuán impartirá unha charla no Club Marítimo de Panxón

O vindeiro mércores 30 de xaneiro, Roberto Pérez Marijuán impartirá unha charla no Club Marítimo de Panxón ás 20:30 horas dentro do programa “O Noso Faladoiro” que organiza o Partido Popular de Nigrán. Trátase dun apaixonado do comportamento humano, con máis de 25 anos de experiencia no campo da comunicación e o márketing. Participa habitualmente en programas de TV e Radio a nivel nacional e é fundador da consultora “Suma Importancia”. Falará sobre as oportunidades de negocio para todo tipo de empresas e das oportunidades para sacar rendibilidade aos negocios.