CABE convoca unha asemblea para facer unha valoración da lexislatura

Entramos no derradeiro ano desta lexislatura, polo que desde Gondomar Concello Aberto consideran que é preciso facer unha valoración do que teñen realizado durante a mesma. Por este motivo convocan unha asemblea veciñal este sábado, 26 de xaneiro, ás 19:30 horas na Casa da Cultura, para render contas á cidadanía de Gondomar, escoitar á veciñanza e expoñer os seus proxectos.