Arranca a liga galega de xadrez coa participación de catro equipos do Laroca

Este sábado comeza a liga galega de xadrez no que o club de xadrez Laroca participará con catro equipos. O Laroca A participará na primeira división dentro do grupo C, os equipos B e C competirán na segunda división encadrados no grupo E e por último o equipo do Laroca Mallón-Auga da Laxe, que competirá na terceira división no grupo K.

Nesta primeira xornada o Laroca A enfrontarase ao equipo universitario de Ourense A. Na segunda división teremos o duelo local entre os dous equipos miñoranos, estes encontros celebraranse na sede de Cotros en Mallón a partires das 17:00 horas. Na terceira división os laroqueiros desprázanse a Vigo á sede da Once para enfrontarse ao seu equipo.

Anuncios