Sin categoría

A asociación cultural ValVal programa tres concertos de grupos corais na Igrexa de Sabarís

A asociación cultural ValVal de Sabarís organiza, contando coa inestimable axuda da Diputación de Pontevedra e o Concello de Baiona, un ciclo de concertos de grupos corais na Igrexa Parroquial. Os próximos sábados 1, 15 e 22 de decembro ás 19:45 horas no templo parroquial, actuarán respectivamente o Coro do CPI Cova Terreña de Baiona, a Coral Polifónica de Baredo e o Coro Passionato de Tomiño.