“A revirada” e “Cousas da vida”, na IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia

Este sábado e domingo continúa no Auditorio Lois Tobío a programación da IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia, organizada polo Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración do Concello de Gondomar. O sábado 26 A Moura de Chaín representará “A revirada” ás 19:30 horas, e o domingo 27, ás 18:00 horas, será a quenda de O mellor de cada casa de Viladesuso, que ofrecerá la obra “Cousas da vida”.

Anuncios