Gondomar Concello Aberto apoia a manifestación pola dignidade da sanidade pública

FOTO: CABE // Concentración en Gondomar por un Centro de Saúde digno.

Gondomar Concello Aberto apoia a manifestación pola dignidade da sanidade pública que convoca a xunta de persoal sanitario para pedir que non haxa máis recortes pero si máis persoal. “Cómpre lembrar que no noso concello se está a construír un novo Centro de Saúde que non cubrirá as necesidades e servizos que demanda Gondomar nin terá capacidade para atender a toda a súa poboación”.

Desde CABE recordan que o proxecto actual substitúe ao proxectado no 2009, tras ser consensuado cos profesionais da saúde e as forzas sociais, e reduce tanto a cantidade de persoal destinado ao centro como a superficie do mesmo conseguindo que sexa insuficiente desde que nace. “Polo que acudiremos á manifestación convocada o día 24 ás 20:00 horas desde o PAC de Vigo (antigo Hospital Xeral)”.

Anuncios