A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), asistiu hoxe á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra entre o 23 e o 27 de xaneiro en Madrid. Ao evento acudiu o seu presidente, Marcos Comesaña, e Roberto Fernández, Vocal. Ambos foron visitando as casetas que había na feira así como participando nas diferentes convencións e encontros que se celebraron. A Asociación busca apoiar a promoción turística en FITUR, polo que cada ano quere estar presente neste evento. Na caseta de Cantabria, estiveron acompañados polo alcalde de Baiona e presidente de Villas Marineras, Ángel Rodal, e por David Bustamante, que recibiu o IV Premio de Villas Marineras polo seu gran labor como embaixador das mesmas.
Artículos relacionados
Nigrán substitúe as 45 luminarias do parque e alameda da Ramallosa por unhas novas de tecnoloxía LED
O Concello de Nigrán está substituíndo as 45 luminarias antigas de vapor de sodio da alameda e parque da Ramallosa por unhas novas de tecnoloxía LED por importe de 12.000 €. Tamén se substitúen as […]
Lucenza organiza en Nigrán unha conferencia sobre as lendas fundacionais dos santuarios galegos
Lucenza – Ateneo de Nigrán organiza este xoves 1 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal, unha conferencia titulada “As lendas fundacionais dos santuarios galegos”, a cargo do historiador Anxo Rodríguez Lemos. O conferenciante, […]
Nigrán habilita un espazo exclusivo para aparcadoiro de motos na rúa Reverendo Pérez Alonso
A petición dos clubs de moteiros e de cidadáns de Nigrán o Concello vén de delimitar cinco prazas exclusivas para aparcadoiro de motos no centro do municipio. Moitas persoas que utilizan este medio de transporte […]