Aberto o proceso de licitación da cafetería do Centro Cultural de Mañufe

O próximo 1 de marzo finaliza o contrato de cesión do local da cafetería do Centro Cultural de Mañufe, polo que a Comunidade de Montes da parroquia abre o prazo para a presentación de ofertas. As cláusulas de cesión e uso do local e o modelo de proposición económica atópanse desde hoxe a disposición das persoas interesadas na propia cafetería en horario de apertura ao público. O prazo de presentación de ofertas finalizará o día 10 de febreiro ás 12:00, cando se procederá á apertura das mesmas no Salón de Actos do Centro Cultural.

Anuncios