Mañufe inaugura este martes o novo himno a San Vicente

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // San Vicente.

A parroquia gondomareña de Mañufe celebra este martes 22 de xaneiro a festividade do seu patrón, San Vicente. Ás 18:30 horas haberá unha Misa Solemne na Igrexa Parroquial seguida de procesión. Ademais, inaugurarase o novo himno dedicado a San Vicente, con letra e música de Don Moisés Alonso Valverde, natural de Mañufe e na actualidade párroco de Santa María de Vigo. A orquestración, gravación e edición dixital é obra dos mozos músicos Sara Gaviño e Domingo Lorenzo.

Anuncios