Un fisioterapeuta de Baiona, entre os 5 máis votados nos Doctoralia Awards 2018

Ao longo da semana coñecéronse os gañadores dos Doctoralia Awards 2018, únicos galardóns que recoñecen aos especialistas en saúde máis valorados do país por parte dos seus compañeiros de profesión así como polos seus propios pacientes. Nesta quinta edición a participación foi extraordinaria, con 370 nomeados de 25 especialidades diferentes e máis de 2.000 votos recibidos tan só unha semana despois do seu lanzamento. Estas cifras consolidan aos Doctoralia Awards como os premios aos profesionais da saúde máis importantes e esperados do ano.

Jesús Fernández, fisioterapeuta de Benestar SL, en Baiona, foi nomeado por terceiro ano consecutivo ao «Tripadvisor» dos profesionais da Saúde, esta vez entre os 5 máis votados, aínda que se quedou ás portas de mellorar o 3° posto do pasado ano, sendo ademais unha nova edición na que foi a única Clínica de Galicia Nomeada na especialidade de “Fisioterapia”.

Jesús Fernández Gómez é especialista en Traumatolóxica, Terapias Manuais, Medicina Deportiva e Ximnasia Terapéutica, Dor Crónica, Readaptación Deportiva e Fisioterapia Invasiva. É Técnico Superior en Actividades Físicas e Deportivas, Grao en Fisioterapia, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais e Especialista en Terapia Manual NeuroOrtopédica.

Anuncios