A Asociación de Veciños A Camoesa convoca Asemblea Xeral

A Asociación de Veciños A Camoesa convoca o domingo 20 de xaneiro Asemblea Xeral na Casa de Cultura de Camos, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda. Os temas a tratar son a lectura e aprobación (se procede) da acta anterior, votación e aprobación (se procede) da nova Xunta Directiva, información sobre a instalación de fibra óptica en Camos a cargo do concelleiro Diego Moreira e rogos e preguntas.