A nigranesa Patricia Pérez, bronce no Campionato Galego de Sala de Tiro con Arco

O Pavillón de Os Tilos do Concello de Teo, na Coruña, acolleu os días 12 e 13 de xaneiro o Campionato Galego de Sala de Tiro con Arco. A nigranesa Patricia Pérez Cameselle, do Archers Team de Mos, conseguiu de novo facer podio cun terceiro posto. Desde o club indican que “non cabe dúbida que a súa tranquilidade en eliminatorias dálle un plus que moitos envexamos”. Foi campioa galega no 2018 no Campionato Galego de Aire Libre, e unha das protagonistas do documental “Muller e deporte”, presentado no Auditorio Municipal de Nigrán co apoio da Deputación de Pontevedra. Este é só o seu segundo ano na práctica deste deporte.

Anuncios