Obradoiro teórico-práctico sobre alimentación consciente en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O sábado 19 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas celebrarase un obradoiro teórico-práctico sobre alimentación consciente en Gondomar, impartido por Gloria Pérez, nutricionista e autora do libro “Alimentación Holística”. Falará dos alimentos a evitar e os alimentos a incorporar, alimentos antiinflamatorios, alcalinos, alimentos vivos. Incluirá unha práctica de preparación de alimentos vivos, kéfir de auga, xerminado, batidos verdes para o almorzo, bebidas vexetais fáciles e económicas… O aforamento é limitado. Os interesados poden reservar a súa praza no teléfono 680 135 796.

Anuncios